Mércores, 28 Xuño de 2017

Teléfono de avisos para a entrega de pataca afectada pola praga da couza guatemalteca

/ Luns, 22/05/2017 - 16:37
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O teléfono 626719200 é exclusivo para solicitar a recollida de pataca.

En relación aos traballos de recollida das patacas afectadas polas medidas de erradicación da praga de corentena Tecia solanivora na provincia de A Coruña, as veciñas e veciños de Mugardos poden chamar ao seguinte número de teléfono (exclusivo para a recollida de avisos para entrega de pataca):

626719200.

O horario de atención é de 09:00 h a 14:00 horas de luns a venres.

Neste teléfono só se recollerán avisos para a entrega de pataca.

Os datos que se solicitan á hora de dar aviso telefonicamente son os seguintes:

  • Nome e apelidos do solicitante.
  • Dirección completa.
  • Parroquia.
  • Concello.
  • Teléfono de contacto (fixo e móvil).
  • Tipoloxía de pataca (semente, consumo e desenterrada 2017).
  • Existencias aproximadas (nº de sacos, Kg, etc).