Martes, 12 Decembro de 2017

Bando sobre os incendios

/ Xoves, 01/06/2017 - 06:29
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A Alcaldesa-Presidenta do Concello de Mugardos fai saber a todos os veciños e veciñas:

En aplicación da Lei 3/2007 da Xunta de Galicia de Prevención e defensa contra incendios forestais, comunícase  mediante este bando aos/ás propietarios/as dos terreos sitos nos núcleos rurais que teñen que estar libres de maleza antes do 30 de xuño.

No caso de non cumprir ditas normas estará expostos as sancións que establece a Xunta de Galicia.

Os/as propietarios/as dos terreos sitos en franxas urbanas deben cumprir co disposto na Ordenanza de Seguridade, salubridade, hixiene, limpeza e ornato de parcelas, solares e edificacións do Concello de Mugardos.

É responsabilidade de todos e de todas evitar os incendios forestais.

Arquivo engadido: