Sábado, 21 Outubro de 2017

XXVII Concurso de Pintura "Bello Piñeiro " 2017

/ Luns, 12/06/2017 - 14:29
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Concello de Mugardos convoca a XXVII edición do Concurso de Pintura "Bello Piñeiro".

O prazo de entrega de obras estará aberto ata o 21 de xuño.

Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen que teñan como mínimo 18 anos de idade e sexan naturais ou residentes en Galicia.

Admítese un máximo dunha obra, única e orixinal, por concursante que se axustará ás seguintes normas:

  • Tema: Paisaxe galega.
  • Técnica: Libre.
  • Tamaño máximo: 150 x 150 cm.

As obras entregaranse no departamento de Cultura no Concello de Mugardos, avda. de Galicia, núm. 45-baixo, 15620 Mugardos (A Coruña). O prazo de admisión de obras será do 5 ao 21 de xuño, ambos inclusive, en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.

Consulta as bases completas nos documentos que achegamos para descarga:

Arquivo engadido: 
Arquivo engadido: