Mércores, 28 Xuño de 2017

O Concello de Mugardos presentará este venres as camisolas da Festa do Polbo e o Metrominuto da vila

/ Xoves, 15/06/2017 - 10:30
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Concello de Mugardos programa para este venres, ás 20:00 a presentación oficial das camisolas da Festa do Polbo, que este ano foron deseñadas pola firma galega Rei Zentolo e que centran o protagonismo na particular receita local. No acto de presentación, que será no Salón de Actos do consistorio municipal, sortearase 10 destas prendas entre o público asistente

O Concello de Mugardos programa para este venres, ás 20:00 a presentación oficial das camisolas da Festa do Polbo, que este ano foron deseñadas pola firma galega Rei Zentolo e que centran o protagonismo na particular receita local. No acto de presentación, que será no Salón de Actos do consistorio municipal, sortearase 10 destas prendas entre o público asistente.

  1. Metrominuto

Así mesmo, o Concello dará a coñecer o primeiro Metrominuto de Mugardos. Un plano de referencia para visitantes, que poderán consultar as distancias camiñando entre os principais puntos de interese do núcleo urbán, mais tamén unha referencia para a veciñanza, xa que fomenta os desprazamentos a pé fronte o uso dos vehículos, na procura de humanizar o entorno urbán da vila e a vida saudable. 

852