Martes, 12 Decembro de 2017

Os concellos de Mugardos e Ares presentan as súas travesías a nado

/ Venres, 16/06/2017 - 14:08
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Complexo Acuático do Castro serviu de punto de encontro para a presentación da I Travesía a Nado do Concello de Mugardos e a XXIII Travesía do Concello de Ares.

Neste ano, Mugardos súmase á iniciativa aresá dándolle un plus á organización destas probas. Utilizarase un sistema de  inscrición on line a través da plataforma Prueba-T que tamén realizará o control da proba.

Nestes dous eventos colaboran Windsurf Zona Norte, Club do Mar de Mugardos, Begano, Prueba-T, Náutico de Ares e Serviocio.

As datas previstas son o 1 de xullo para a proba mugardesa e o 22 de xullo para a aresá. Os regulamentos de competición son idénticos, e a inscrición pode facerse para unha ou para as dúas probas.

854