Martes, 21 Novembro de 2017

I Travesía a Nado Concello de Mugardos

/ Venres, 30/06/2017 - 13:07
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Aviso de cambio de data da I Travesía a Nado Concello de Mugardos.

Unha vez pechado o prazo de inscrición para a I Travesía a nado Concello de Mugardos e visto que nas dúas saídas curtas a penas hai inscrición, lamentando as molestias por adiantado o Concello de Mugardos decidiu aprazar a proba para o 29 de xullo de 2017 coa mesma estrutura de horario e distancias.
 
Aquelas persoas que desexen participar na nova data manterán a inscrición realizada.
 
No caso de que sexa imposible asistir na nova data poderán solicitar a devolución da inscrición na propia plataforma Prueba T.