Venres, 22 Novembro de 2019

"Son galego. Son cubano" | Roi Casal

/ Luns, 31/07/2017 - 07:32
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Roi Casal chega a Mugardos o venres 11 de agosto con Son Galego, Son Cubano, un gran espectáculo musical entre Galicia e Cuba.

Son galego, Son cubano, o gran espectáculo musical entre Galicia e Cuba, foi presentado no Gran Teatro da Habana (Palacio do Centro Galego) no mes de Maio de 2016 con dous memorables concertos.

Un show inesquecible con letras de Neira Vilas e a posta en escena dos mellores músicos de ámbolos dous paises, que foi visto en directo por máis de 50.000 persoas na xira de 2016.

Roi Casal traballou conxuntamente neste espectáculo con Neira Vilas ate o falecemento deste último en novembro de 2015. A xira é considerada unha fermosa homenaxe ao propio Neira Vilas e á emigración galega en Cuba, onde o escritor residiu 31 anos da súa vida para deixar rexistrada en varias das suas obras a incrible epopea dos galegos na illa caribeña.

O concerto terá lugar no Parque da Constitución a partires das 23:00 h e a entrada é libre. Conta coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Mugardos.