Luns, 23 Outubro de 2017

Aprobación da relación provisional do alumnado admitido no procedemento de adxudicación de prazas do Comedor Escolar Municipal do CEIP Unión Mugardesa

/ Luns, 07/08/2017 - 15:43
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Os/as solicitantes que o desexen poderán efectuar as reclamacións debidamente documentadas que estimen oportunas no prazo de 10 días naturais contados dende a data de publicación da relación provisional, ao abeiro do estalbecido na sobredita Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común e das Administracións Públicas. Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva.

Unha vez estudadas pola comisión todas as reclamacións presentadas e resoltas procederase á publicación da relación defiinitiva de admitidos/as e da lista de agarda no taboleiro do concello, na páxina web municipal e nos centros educativos públicos de Mugardos.
 
As vacantes que se vaian producindo ao longo do curso serán cubertas por rigorosa orde entre os/as solicitantes da lista de espera. As prazas que, sen causa xustificada, non se atopen cubertas aos 15 días de iniciarse o curso escolar, consideraranse como vacantes. No suposto de que se produzan vacantes e se atope esgotada a lista de agarda, aceptaranse as solicitudes por orde de rexistro de entrada.
Arquivo engadido: