Luns, 23 Outubro de 2017

O martes 8 haberá cortes de tráfico no peirao pola gravación da serie "Viradeira"

/ Luns, 07/08/2017 - 10:13
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A produtora Voz Audiovisual solicitou ao Concello permiso e reserva de espazos de aparcadoiro.

MARTES DÍA 8 DE AGOSTO DE 2017

Horario: 10:15 a 21:30 horas.

Zonas afectadas. Os traballos de gravación desenvolveranse en dúas zonas:

  1. En horario de 10:15 a 13:30 horas na zona da rampla  situada no paseo marítimo, xusto fronte ao bar A Rampa e o As de Guía. Alí realizaranse dúas secuencias, unha na zona da praia que libre con marea baixa e outra na zona da rampla.
  2. En horario de 14:00 a 21:30 horas. a gravación será na zona do Peirao.

880

RESERVA DE ESPAZOS

Zona Peirao. En cor vermella a zona do peirao onde non se poderá estacionar o martes día 8 de Agosto. Durante a tarde o acceso estará pechado.

881

Aparcadoiro público. En cor vermella a zona de reserva onde aparcará Produción durante a xornada de gravación do día 8 de Agosto.

883

Zona Rampa Paseo Marítimo. Zona sinalada en cor vermella fronte ao Bar A Rampa, entre as 10:30 e as 14:00 horas do martes día 8 de agosto. Nesta localización haberá cortes puntuais por cuestións de son.

884