Luns, 23 Outubro de 2017

O Concello de Mugardos e a Regasificadora del Noroeste, S.A. asinan un convenio de colaboración para a apertura do Centro de Interpretación dos Restos Arqueolóxicos do Xacemento de Caldoval.

/ Mércores, 09/08/2017 - 15:18
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

No día de onte, o Concello e Regasificadora del Noroeste, S.A. asinan un convenio de colaboración para a apertura do Centro de Interpretación de Caldoval

O Convenio recolle a achega económica da empresa por un montante de 21.000 €, comprometéndose o Concello a destinalo exclusivamente á apertura do Centro.

Dende o Concello de Mugardos valoramos positivamente o compromiso de Regasificadora del Noroeste, S.A. para a apertura do equipamento cultural que permitirá promocionar cultural, económica e turísticamente Mugardos.