Martes, 12 Decembro de 2017

Visitas guiadas para coñecer Mugardos

/ Venres, 11/08/2017 - 08:06
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A Oficina de Información Turística do Concello de Mugardos poñerá en marcha, a partires deste sábado 12, un programa de visitas guiadas.

A finalidade é dar a coñecer os aspectos máis singulares e históricos da súa fachada marítima, como a pedra de mazar o polbo, o fito lembrando o afundimento da lancha do 1947, expoñentes da arquitectura como a casa de Dans Arrabal e a Casa da Serea, ou vestixios da historia recente como a antiga fábrica de Salazón da Bestarruza.

  1. Serán dúas visitas diarias, os venres e sábados, a primeira ás 12:30 e a segunda ás 19:15.

Para inscribirse pódense dirixir á propia OIT, na Avenida do Mar 1, ou no seu teléfono, 630 885 761 en horario de 11:30 a 14:30 e de 16:30 a 20:30 de luns a domingo.