Martes, 21 Novembro de 2017

O vindeiro luns 21 continuarán as gravacións da serie "Viradeira"

/ Venres, 18/08/2017 - 13:49
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Concello de Mugardos será escenario da gravación desta serie durante toda a vindeira semana. A gravación realizarase entre as 08:00 e as 22:00 horas.

Ao longo da próxima semana iranse publicando o resto das zonas afectadas.

O luns 21 de agosto traballarán na zona do aparcadoiro do acceso aos pantaláns de Portos de Galicia, concretamente na zona onde están os aparellos de pesca. Pola tarde gravarán cunha pequena unidade na rúa Real, e no Paseo Marítimo.
  • Zona de gravación no Peirao: Nesta xornada está previsto gravar na zona do aparcamento do porto e despois pola tarde cunha pequena unidade gravarase algunha secuencia na rúa Real e no Paseo Marítimo.

Zona de gravación no Peirao

897

Zonas de gravación na Rúa Real

898

Zonas de gravación no Paseo Marítimo

899

  • RESERVAS DE ESPAZO
Zona Aparcamento acceso ao Porto: Reservarase toda a zona do aparcadoiro para os vehículos de produción e tamén para poder efectuar a gravación correctamente. Como na xornada do 9 de Agosto permitirase o paso aos vehículos de carga e descarga do Porto.
 
900
 
Zona Rúa Real: Deberá estar libre de vehículos todo o frontal desa rúa á altura do numero 27.
 
901
 
Zona Paseo Marítimo: Haberá unha zona sinalada que permanecerá así varios días.
 
902