Luns, 25 Setembro de 2017

Reunión informativa sobre a situación circulatoria no Porto

/ Martes, 22/08/2017 - 14:38
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Concello, recollendo o sentir maioritario da poboación de Mugardos e tras diferentes reunións cos hostaleiros e veciños/as do Porto decidiu presentar unha proposta de peonalización a Portos.

A proposta foi enviada o día 23 de xuño, tras reunirnos con representantes de Portos. A día de hoxe dous meses máis tarde non contestou de forma escrita, entendendo o Concello que o silencio é positivo, dado que a proposta só recollía os meses de xullo, agosto, setembro.

Sorprendentemente e sen mediar comunicación algunha denegando a solicitude, Portos comunica de forma oral que as restricións de vehículos deben levantarse e converter de novo o Porto nun lugar irrespirable.

Dende o Concello solicitamos o venres, día 18 de agosto unha reunión con Portos á maior brevidade posible para tratar cuestión de interese para ambas institucións. A día de hoxe, non se recibiu contestación, ante este feito o Concello reiterará a súa petición de entrevista.

Entre as cuestións a tratar se atopan:

  • A peonalización da vía que da acceso ó Porto Vello.
  • O lamentable estado da Casa do Reloxo propiedade de Portos.
  • O abandono que sofre a rampla que da acceso ás embarcacións de remo.
  • O estado de abandono do pantalán.
  • Ou a posible denuncia por parte do Concello do convenio asinado no ano 2004 para manter as zonas de titularidade de Portos.

905

Entendemos que está decisión de Portos prexudica gravemente a humanización dunha zona chave para a promoción económica e turística:

  1. Obriga a toda a veciñanza a retroceder a tempos pasados impedindo o goce do Porto a cativos e maiores.
  2. Limita as posibilidades de crecemento da hostalaría, xa que a beirarrúa debe quedar libre para permitir a accesibilidade.

Esta medida adoptada por Portos nunhas infraestruturas clasificado por Portos de baixa actividade non ten mais explicación que a presión exercida polo G.M. do P.P. para evitar que Mugardos creza e se desenvolva, utilizando as institucións para o interese partidista.

O goberno municipal convoca a toda a veciñanza a unha reunión informativa o mércores, día 23 ás 20,00h. no Salón de Plenos do Concello para informar da situación e das medidas a adoptar en defensa dos intereses de Mugardos, a súa economía e as súas xentes.