Martes, 21 Novembro de 2017

Sinatura Ciclo Formación Profesional

/ Mércores, 30/08/2017 - 14:02
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

No día de onte, 29 de agosto, asinouse oficialmente co delegado territorial de Educación, Indalecio Cabana e a alcaldesa Pilar Díaz Otero, a instauración do ciclo de Formación Profesional en Agroxardinería e composición floral no IES Mugardos.

A demanda de implantación dun ciclo de formación profesional vese por fin satisfeita, na busca de formación e saidas profesionais para a xuventude mugardesa e da contorna. O Concello desenvolverá as obras do almacén necesarias para o inicio do ciclo. O interese da comunidade educativa, encabezada polo dirrector do IES Serafín Álvarez Rodriguez, da ANPA, e do Concello fructifica nesta nova oferta educativa.

920

Hoxe mesmo nun Pleno extraordinario, aprobouse a modificación de crédito necesaria para o comezo da obra, na que votou a favor toda a Corporación excepto o Partido Popular.

921