Martes, 21 Novembro de 2017

Comunicado en relación co cobro da taxa polo Servizo de Colectores e estacións de bombeo das augas residuais

/ Xoves, 31/08/2017 - 08:28
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

No ano 2014 a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) empezou o traballo de depuración das augas residuais dos Concellos de Mugardos, Ares e Fene contribuíndo, deste xeito, á recuperación ambiental da ría. Un compromiso político mais tamén unha obriga legal.

Os Concellos de Mugardos, Ares e Fene aprobaron unha taxa polo Servizo de Colectores e Estacións de Bombeo das Augas Residuais, entrando en vigor o 1 de xaneiro do ano 2015.

O seu cobro, que se recollía na taxa, sería semestral; esto é, o primeiro recibo debía pagarse no verán do 2015. Esta obriga legal, segundo recolle o informe da interventora, non foi cumprida polo goberno do Partido Popular baixo a Alcaldía de Juan D. De Deus Fonticoba.

A conclusión é que agora todos os veciños e veciñas teñen que pagar ó mesmo tempo dous recibos, o correspondente ó día de hoxe e o correspondente ó ano 2015 que non quixeron cobrar no seu momento, saltándose a legalidade de forma consciente.

Para ampliar a información descarga o documento: