Martes, 21 Novembro de 2017

Apertura ao público do CI do Caldoval

/ Xoves, 07/09/2017 - 09:38
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Centro de Interpretación de Caldoval abrirá as súas portas de forma gratuíta ó público xeral o sábado, 9 de setembro ás 10:00 horas

O Museo conta con páxina web propia: www.museocaldoval.gal

E contas nas redes sociais:

  1. Facebook: facebook.com/caldoval/
  2. Instagram: @museocaldoval
  • Dende o 9 de setembro ata o 1 de outubro o Centro abrirá as súas portas todos os días de luns a domingo, de 10:00 a 14:00 horas.e de 16:00 a 20:00 horas.
  • Dende o 2 de outubro en adiante abrirá os venres, sábados e domingo no mesmo horario que en setembro.
  • A maiores abrirá días festivos e durante períodos vacacionais.

Dende o sábado 9 ao domingo 17 de setembro para facilitar o coñecemento do Centro de Interpretación polo público xeral se realizarán visitas guiadas todos os días cunha duración aproximada de 45 minutos, a razón dunha visita cada hora.

927

O número de persoas que poden participar en cada visita guiada será de 25.

Para poder asistir ás visitas guiadas do sábado 9 e domingo 10 de setembro as persoas deberán inscribirse na Oficina de Turismo, sita na Avda. o Mar. Para obter mais información sobre as visitas guiadas desta fin de semana, hai que poñerse en contacto coa Oficina de Turismo:

  1. Dirección: Avda. do Mar nº 1.
  2. Horario: de luns a domingo: 11:30 -14:30 horas | 16:30 - 20:30 horas.
  3. Teléfonos: 630885761 / 881 953 251
  4. Email: oit.mugardos@gmail.com
Transcurrida esta semana as persoas que desexen asistir ás visitas guiadas que serán todos os sábados e domingos, deberán dirixirse ó Centro de Interpretación de Caldoval.
 
Os teléfonos para xestionar as visitas son: 687 072 116 / 881 953 25.
 
O Concello agarda que durante esta fin de semana sexan moitas as persoas que se acheguen para ver o Centro de Interpretación coas súas especificidades que o diferencian do resto de Centros e que servirá para a promoción turística, cultural e educativa.

 

930