Luns, 25 Setembro de 2017

O CEIP Santiago Apóstol de Franza estrea o seu parque infantil

/ Martes, 12/09/2017 - 18:48
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Concello de Mugardos rematou as obras de renovación dos xogos e da pavimentación, así como a incorporación de novos xogos no Parque Infantil do CEIP Santiago Apóstol.

A obra foi financiada na súa totalidade con fondos propios, cunha achega arredor dos 14000 eurios.

Esta obra engade valor ás obras de reparacións menores que se executaron nos tres centros públicos de infantil e primaria, e que contemplaron entre outras actuacións: reparacións de persianas, de pavimentos, enchufes,etc.

Así a día de hoxe podemos dicir que todas as obras de reparación están concluídas, iniciándose o curso escolar con normalidade.