Luns, 23 Outubro de 2017

Axudas á escolarización

/ Mércores, 20/09/2017 - 19:06
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Do 18 ao 29 de setembro permanece aberto o prazo para a segunda convocatoria de Axudas para o Ensino e transporte do Concello de Mugardos, curso 2017/2018.

Estas axudas inclúen material escolar complementario, libros de texto e materiais curriculares. O transporte será subvencionado sempre que non se atope no radio de acción do Transporte Metropolitano.

Poderán solicitalas todas as persoas que non o fixeron na primeira convocatoria, na que se presentaron 148 solicitudes e foi resolta por un importe total de 15.726 €.

  1. No departamento de Servizos Socias atópase toda a información e o modelo de solicitude.