Luns, 23 Outubro de 2017

Escolas deportivas e culturais 2017/2018

/ Luns, 25/09/2017 - 13:10
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Concello de Mugardos ten aberto o prazo de inscrición para as escolas deportivas e culturais.  Para iniciar as escolas no mes de outubro é preciso matricularse na OMIX do Concello de Mugardos ate o martes 10 de outubro. 

Todas as escolas que conten con matrícula inciaranse a partir do día 2 de outubro segundo os horarios asignados.

Neste curso existen novidades como:

  • Iniciación ao Voleibol.
  • Zumba no Seixo.
  • Tai chi en Mugardos.

As demais escolas deportivas mantéñense como o ano anterior.

En canto ás escolas culturais, engádese a restauración de mobles que se impartirá en San Xoán de Piñeiro.

Por último é preciso destacar que na primeira semana realizáronse 240 inscricións para o que utilizamos unha nova aplicación informática coa que melloramos a xestión das persoas usuarias das escolas deportivas e culturais. 

936

937