Luns, 23 Outubro de 2017

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol organiza a I Mostra de Cooperativismo e Economía Social de Ferrolterra

/ Luns, 25/09/2017 - 13:37
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/es

Esta primeira mostra desenvolverase o vindeiro día 28 de setembro nas instalacións do Centro Torrente Ballester entre as 09:00 e as 21:00 horas.

No Torrente haberá diferentes postos:

  1. Información sobre proxectos de economía social da comarca.
  2. Información sobre a economía social.

Tamén se van desenvolver actividades centradas na visualización da economía social, faladoiros e xogos onde se porá en valor os principios e valores cooperativos.

939

 

A finalidade da mostra é fomentar a concienciación dos/as consumidores no referente á Economía Social, ademais de informar e asesorar ás persoas que teñan interese en emprender baixo a fórmula cooperativa en Ferrolterra.

As persoas interesadas poden atopar a información completa sobre este evento na seguinte ligazón: INFORMACIÓN DA MOSTRA