Luns, 23 Outubro de 2017

Curso de Defensa Persoal e Autocapacidades

/ Venres, 29/09/2017 - 14:50
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O prazo de inscrición remata o 6 de outubro. Trátase dun curso de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación cara diversas situacións.

As persoas interesadas en participar neste curso de defensa persoa poden inscribirse no Departamento de Servizos Sociais Comunitarios (servizos.sociais@concellodemugardos.gal).

Poderán facelo ata complerar o máximo das prazas dispoñibles: 20. O grupo mínimo de persoas esixido para que a actividade teña lugar é de 8.

O curso desenvolverase no pavillón municipal do Cristo en horario de maña, entre as 09:30 e as 13:30 horas, o mércores 11 e o xoves 19 de outubro de 2017.

É unha actividade dirixida exclusivamente a mulleres, pero sen límite de idade. As participantes deberán ir vestidas con roupa cómoda e/ou deportiva.

As persoas encargadas de impartir a formación serán monitoras e monitores especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita.

940