Martes, 21 Novembro de 2017

Mellora da infraestrutura e equipamento na Escola Infantil Municipal As Lagoas de Mugardos

/ Venres, 03/11/2017 - 08:29
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Concello de Mugardos ven de acadar unha subvención da Consellería de Política Social para investir na mellora da rede pública de escolas infantís.

O custo total do investimento será de 33493 €, dos cales 16406 € van destinados a obras novas que melloran a accesibilidade, 9000 € para adquisición de mobiliario interior e exterior, material didáctico e de xogos, e 2000 € para a dotación de internet e compra de dispositivos: ordenador, encerado dixital, etc..

Destacar deste investimento a adecuación dos peches perimetrais das zonas verdes e de recreo, adecuación e mellora do pavimento do patio, instalación dun toldo vertical que protexa tanto da choiva coma do sol, e a instalación de dous invernadoiros para levar a cabo a horta escolar.

O investimento en material didáctico e de xogo non sexista fará posible acadar o noso proxecto educativo con perspectiva de xénero aplicado transversalmente.

É un proxecto educativo tamén centrado no respecto ao medio ambiente, a alimentación saudable e a biodiversidade.

952

 

953

 

954