Martes, 21 Novembro de 2017

CURSO DE PROCESADOR DE TEXTOS

/ Luns, 06/11/2017 - 12:26
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

CURSO DE PROCESADOR DE TEXTOS

Este curso pertence ao Plan de Formación “Convocatoria 2009 de planes de formación mediante convenios de ámbito estatal” financiado por la Fundación Tripartita y el Ministerio de Trabajo e Inmigración, con número de expediente: F20090276

OBXECTIVO DO CURSO:

Á finalización da acción formativa os participantes estarán capacitados para aplicar esta ferramenta informática ao seu traballo diario con este procesador de textos de cara á mellora da xestión nas empresas, permitindo un máximo aproveitamento dos recursos informáticos existentes.

En concreto, co desenvolvemento desta acción formativa preténdese:

- Sensibilizar ao alumnado sobre as vantaxes e posibilidades que ofrece o uso correcto da tecnoloxía informática no desempeño do seu posto.

- Rentabilizar o tempo nas tarefas informáticas relacionadas fundamentalmente coa área de produción.

- Diminuír os erros na utilización dos programas informáticos.

- Saber crear, gardar e recuperar un documento.

- Cambiar o aspecto dun documento para que a comunicación resulte máis atractiva e sexa máis eficaz.

- Corrixir os erros de forma automatizada.

- Automatizar a introdución de textos repetitivos.

- Reutilizar traballos anteriores á hora de crear documentos novos.

- Ilustrar documentos.

- Crear cuadrículas, calendarios e listados.

- Obter unha copia en papel dun documento creado mediante o ordenador.

- Aumentar a motivación dos traballadores.

- Adaptar aos traballadores á evolución ol sistema produtivo.

- Adaptar aos traballadores a as respectivas empresas á incorporación de novas tecnoloxías.

- Favorecer o mantemento das competencias profesionais no posto de traballo e/ou a promoción dos traballadores.

- Mellorar a competitividade das empresas.

CONTIDOS

Simplifica as tarefas comúns relacionadas co tratamento de textos de forma intelixente. Ao recoñecer o que desexa facer, word xenera rapidamente os resultados que necesita, polo que se consigue máis con menos tempo e esforzo, permite realizar e modificar todo tipo de escritos (cartas, táboas,...), así como incluír gráficos, debuxos, títulos nos nosos documentos. Tamén pódese utilizar para realizar mailings.

 

CONTENIDOS TEÓRICOS

0. Introdución.

1. A pantalla de word.

2. Documentos.

3. Xestión do documento de plantilla.

4. Diferentes formatos

  4.1. Formato de carácter.

  4.2. Formato de parágrafo.

  4.3. Formato de páxina.

5. Documentos avanzados.

6. Seccións do documento.

7. Encabezados e pes de páxina.

8. Documentos en columna de texto.

9. Boletíns.

10. Inserción cadros de texto.

11. Táboas.

12. Ortografía e gramática.

13. Macros.

14. Plantillas e complementos.

15. Protección de documentos.

16. Outras cosas de interese.

17. Creación de páxinas web.

18. Conclusións.

 

CONTENIDOS PRÁCTICOS

1. Crear e editar documentos.

2. Xestión do documento de plantilla.

3. Creación e deseño de boletíns

4. Creación de táboas

5. Impresión e documentos.

6. Creación de cartas.

7. Creación de sobres y etiquetas.

 

O colectivo ó que vai dirixido ó curso é o de persoas activas ( agás autónomos e traballadores da administración pública) e persoas en situación de desemprego.

 

A duración do curso:

  1. contidos teóricos e prácticos......................40 horas

 

Datas de impartición: 13 de novembro ao 18 de decembro de 2017 (luns e venres)

Lugar de impartición: Centro de formación Francisco Vizoso

Horario: de 9:30 a 13:30 horas

Nº de prazas: 15.

Prazo de Inscrición: do 6 ao 10 de novembro de 2017. As inscricións realizaranse no Departamento de Emprego do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas.