Martes, 21 Novembro de 2017

15 de novembro de 2017: 24 horas sen alcol na Comunidade Galega. "A túa vida non é un xogo!"

/ Mércores, 08/11/2017 - 08:53
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Para conmemorar o Día Sen Alcol, na Asociación de Ex-Alcólicos de Ferrolterra desenvolverase unha conferencia – coloquio.

Esta conferencia-coloquio leva o título de "Recursos sociosanitarios para a dependencia do alcol". Como relatora actuará Sonia Pico Villares, Traballadora Social do Centro.

  • Lugar: Salón de actos da Asociación de Ex-Alcólicos de Ferrolterra, na rúa Álvaro Cunqueiro,6, en Ferrol.
  • Data: 14 de novembro.
  • Horario: 17:00 horas.

Poderase visitar tamén no local da Asociación os traballos realizados no obradoiro de pintura artística.

Máis información sobre esta asociación:

  1. Teléfono: 981 351 395.
  2. Correo e.: exalcoholicosferrol@mundo-r.com.

Diante dun problema busquemos unha solución, hai recursos, coñéceos!