Martes, 21 Novembro de 2017

Convocatoria específica do Espazo Infantil de Xogo Nadal 2017

/ Mércores, 08/11/2017 - 09:38
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Prazo de presentación de solicitudes do 10 de novembro de 2017 ao 17 de novembro de 2017 ámbolos dous inclusive.

  1. Duración da actividade: do 22 de decembro de 2017 ao 5 de xaneiro de 2018, ámbolos dous inclusive (agás sábados, domingos e festivos).

Recoméndase verificar a documentación no departamento de Servizos Sociais Comunitarios antes da súa presentación no Rexistro Xeral.

Esta actividade rexerase polas Bases xerais do Espazo Infantil de Xogo do Concello de Mugardos (BOP núm. 104 do 05/06/2017), así como a Ordenanza fiscal núm. 28, reguladora da taxa pola prestación de servizos complementarios educativos e de conciliación da vida familiar e laboral (BOP núm. 116 do 21/06/2017).

Programa cofinanciado pola Secretaría Xeral de Igualdade e Fondo Social Europeo

956