Martes, 21 Novembro de 2017

Gran recollida 2017: 1 e 2 de decembro. Colabora co Banco de alimentos

/ Mércores, 08/11/2017 - 08:31
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Banco de Alimentos Rías Altas organiza para os vindeiros días 1 e 2 de decembro a gran recollida de alimentos previa ao Nadal, na comarca de Ferrolterra. 

As persoas que queiran participar como voluntarias para axudar e colaborar nas tarefas de recollida, poden facelo inscribíndose no correo electrónico: voluntarios.ferrol@balrial.org

Neste tipo de iniciativas solidarias todas as mans son necesarias para colaborar. Os grupos de voluntarias/os distribuiranse organizadamente por diferentes establecementos da comarca.

Este Nadal, xa sabes: Doa o teu tempo, axuda e convive!

  1. Podes obter máis información nos teléfonos: 981 947 889 | 698 160 281.

955

Arquivo engadido: