Martes, 21 Novembro de 2017

Mugardos xa está integrado no Sistema de Interconexión de Rexistros

/ Mércores, 08/11/2017 - 09:17
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Esta integración permitirá ao Concello recibir/enviar escritos dun cidadán ou cidadá desde/para calquera das oficinas de rexistro integradas no sistema.

  1. Estas comunicacións poderán facerse só con aquelas entidades públicas (Estado, CCAA, deputacións, concellos...) que tamén estean integradas no SIR.
     

O intercambio de información realízase de forma segura e con conformidade legal. Esta medida ven a aumentar a eficiencia, eliminando os gastos de manipulación e remisión do papel, grazas a xeración de copias auténticas electrónicas da documentación presentada en asentos de rexistro.

Este intercambio electrónico fai que o documento sexa recibido no seu destino poucos minutos despois do seu envío en orixe. O tempo de tramitación dos asentos rexistrais redúcese drasticamente, aforrando arredor de 4 euros por operación.

Dende o Concello de Mugardos continúase, chanzo a chanzo, traballando para achegar a Administración á cidadanía.