Martes, 21 Novembro de 2017

Xornada MUgardos Romana

/ Martes, 14/11/2017 - 15:13
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O vindeiro 25 de novembro, no Centro de Interpretación de Caldoval, vaise realizar a  Xornada do Mugardos Romana.

Nesta primeira edición contaremos coa presenza da arqueóloga que foi responsable da escavación do xacemento do Caldoval, e con diferentes expertos que nos falarán dos vestixios romanos en Galicia e da oportunidade de poñer en valor os restos e xacementos atopados, protección e proxección turísticas.

Coidar o noso Patrimonio, coñecelo, respectalo e a súa posta en valor son obxectivos desta xornada nunha contorna especial e espectacular como é o Centro de Interpretación de Caldoval.

959

Descarga e consulta o programa:

Arquivo engadido: