Martes, 21 Novembro de 2017

Xornadas prevención de incendios e 1ºs auxilios

/ Martes, 14/11/2017 - 15:04
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Estas xornadas están dirixidas á poboación en xeral e á hostalaría, e desenvolveranse entre o 20 e o 24 de novembro de 2017.

As xornadas abordarán as actuacións en caso de emerxencia de incendio nas cociñas tanto das casas como nos locais de hostalaría, tamén os primeiros auxilios a realizar.

Contarán coa presenza de bombeiros de Ferrol, persoal do Helimer Galicia, persoal de emerxencias...ademais de integrantes do GES Mugardos que expoñerán os seus relatorios e farán demostracións do funcionamento dos vehículos de emerxencias, extintores, etc...

O Concello de Mugardos agarda que a poboación acuda a unhas interesantes e novidosas charlas para mellorar a seguridade doméstica.