Martes, 12 Decembro de 2017

Convocatoria do premio literario NORTEAR. Prazo aberto ata o 30 de abril

/ Martes, 28/11/2017 - 09:39
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O premio literario Nortear - Novos Escritores Norte de Portugal - Galicia é unha iniciativa conxunta da Direção Regional de Cultura do Norte (Portugal), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria – Xunta de Galicia (España) e da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal.

Poden participar as persoas nacidos e/ou empadroados na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.

As obras teñen que pertencer ao xénero literario de relato curto.

A dotación económica do premio ascende a 2000 euros. A obra vencedora será publicada en edición bilingüe nunha tirada mínima de 500 exemplares.

O prazo de presentación de escritos é ata o 30 de abril de 2018.

Máis información na rede:

Descarga e consulta máis información: