Martes, 12 Decembro de 2017

O Concello de Mugardos asinou onte un convenio coas ANPAS

/ Martes, 28/11/2017 - 17:15
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Concello de Mugardos formalizou onte os convenios de colaboración coas asociacións de nais e pais dos centros educativos do municipio.

No acto participaron a alcaldesa, Pilar Díaz, e os representantes das ANPAs do IES de Mugardos, do colexio Loyola e do CEIP Santiago Apóstolo. 

A estas sumarase nos próximos días a asociación de nais e pais do CEIP Unión Mugardesa, que está a completar a documentación necesaria.

A asociación do instituto recibirá 2.000 euros e as dos tres colexios 1.800 euros cada unha, dirixidos a sufragar diversas actividades.

976