Martes, 12 Decembro de 2017

Presentación do libro "Espadas sobre Ítaca"

/ Martes, 28/11/2017 - 08:44
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

No Salón de Plenos do Concello de Mugardos terá lugar a presentación do último libro da triloxía “Ítaca” de Mª Isabel Espiñeira Castelos, baixo o título “Espadas sobre Ítaca”.

O evento terá lugar o vindeiro sábado 2 de decembro, ás 19:00 horas no Salón de Plenos. A entrada é libre.

Para aquelas persoas que descoñezan a obra, e a súa temática e estilo esta é unha pequena sinopse da mesma:

"Ha transcurrido el tiempo, y en cierta medida lo ha hecho de forma circular. Pablo, el hijo de Amanda, es ahora el verdadero protagonista. Ha tomado una decisión y debe arrostrar las consecuencias, buenas y malas. Su entrada en los servicios secretos traerá a su vida aventura y novedades; pero también confusión y decisiones complicadas. Y de nuevo regresará un pasado lejano que él nunca había conocido, pero al que deberá enfrentarse. Ítaca nunca es un lugar totalmente tranquilo, aunque lo parezca. Ahora se ciernen sobre ella amenazantes espadas.

Hasta Amanda, que había encauzado su vida, se ve obligada a replantearse temas que creía que estaban ya zanjados. Y lo hará, con sentimientos encontrados y la ayuda de quienes siempre han velado por ella. Si pensaba haber echado ancla en Ítaca, se dará cuenta de que no es así. Nubes muy negras se ciernen sobre todos ellos.

A autora nace en Vilarmaior, provincia da Coruña, en 1964. Con todo, ao vivir durante moito tempo en Canarias, considera que a súa vida está entre estes dous lugares, que influíron tanto na súa vida persoal como na súa maneira de escribir. Estuda Dereito e Historia, e no momento actual está a facer un curso de Antropoloxía Forense e iniciando estudos de  Criminoloxía; aínda que o que sempre lle atraeu é escribir. Faino desde sempre pero quizá un pouco máis en serio cando desde hai seis anos inicia unha andaina no seu blogue “El rincón de las letras perdidas".

Escribir convértese nunha necesidade e cada un dos xéneros proporciónalle distintas satisfaccións. No caso da poesía, fai posible sacar sentimentos e intimidades, escribir coa alma, en definitiva. A novela é a ocasión perfecta para crear personaxes da Nada; personaxes aos que cre dominar durante as primeiras páxinas; pero que logo sempre acaban facendo o que eles queren, coma se realmente a autora fose un simple peón que move os dedos polo teclado.

No ano 2012 gana o primeiro premio do concurso de Poesía “José  Martí”, convocado pola editorial Portilla  Foundation, en  Tampa, Florida, e no mesmo ano gaña tamén, coa mesma editorial, o primeiro premio de Novela “Caridad Hidalgo, in memoriam”, con “Cuando amar es pecado”.

Outras das súas novelas son “Hijos de la bruma”, “Fuego purificador”, “La Real Orden de las  Perdularias”, “Mientras llega mañana", “Nos vemos en Ítaca”, “Un ancla en Ítaca” e “Espadas sobre Ítaca”, que remata a saga. Entre outras novelas están “Un suicidio para Laura” e ”La verdad de Abel".