Martes, 12 Decembro de 2017

En marcha as obras de pintado e impermebealización do CEIP Unión Mugardesa

/ Venres, 01/12/2017 - 14:34
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Os traballos, con cargo ao POS 2017, abranguen o amaño dos desperfectos causados polas humidades no interior de algunhas aulas do colexio.

A empresa Prace iniciou, coa instalación das estadas, a obra de pintado exterior e tratamento de humidades no CEIP Unión Mugardesa. A actuación, que corre a cargo do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña para este ano 2017, adxudicouse por 27.837 euros e estará rematada no mes de xaneiro.

A alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz, destacou que con estes traballos complétase a posta ao día do centro público, no que se imparten os ciclos de Infantil e Primaria, despois de que nos últimos anos se acometeran melloras nas cubertas, no patio e mesmo a ampliación do colexio para acoller as aulas de Infantil que anteriormente estaban no edificio do Apelón. O estado das fachadas do centro presentaba un nivel de deterioro que mesmo provocara a entrada de auga nalgunhas aulas.

984

A actuación que xa está en marcha vai incluír o amaño de todos os deperfectos no interior das aulas afectadas polas humidades. No exterior, os traballos de impermeabilización e pintura serán especialmente profundos nas fachadas do lado oeste, as máis deterioradas, onde se aplicará un revestimento especial. Nestas e tamén no resto repararánse as fendas e aplicarase unha pintura impermeabilizante. Pintarase todo o colexio salvo a ala sur, de recente construción.

985