Martes, 12 Decembro de 2017

Programa de actuacións musicais para este Nadal 2017

/ Martes, 05/12/2017 - 10:54
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Consulta o programa de actuacións musicais que terán lugar ao longo do mes de decembro.

O Casino Progreso de Franzas, a Coral Estelas do Mar e o Concello de Mugardos son as entidades encargadas de organizar "Música no Nadal" que se vai desenvolver ao longo de todo o mes de decembro.

As actuacións previstas son as seguintes:

  • Rondalla Mugardesa: A cita coa rondalla será o 8 de decembro ás 19 horas no Local Social de Maiores.
  • Estelas do Mar, Trío "Blanco y Negro" e Coro Parroquial San Xiao: Estas agrupacións musicais terán como escenario a igrexa de San Xiao de Mugardos, o día 17 ás 19:00 horas.
  • Concerto de Panxoliñas coa participación de Airiños da Capela, Coral Eumesa e Polifónica de Franza: Este concerto celebrarase o día 23 de decembro, ás 18:30 horas, na igrexa parroquial de Franza.

O Concello de Mugardos anima a toda a veciñanza a gozar con estas actuacións musicais que encherán de son o noso municipio durante o Nadal.

994