Martes, 16 Outubro de 2018

Campaña #MercaEnMugardos

/ Luns, 11/12/2017 - 14:33
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Concello reparte pola vila banderolas e carteis co lema “Como na casa, en ningures #MercaenMugardos”.

O Concello de Mugardos desprega estes días pola vila unha trintena de bandeirolas e carteis nos que pode lerse o lema “Como na casa, en ningures” e o hashtag “#MercaenMugardos”.

O goberno local quere apoiar ao comercio de proximidade e animar á veciñanza a facer as súas compras do Nadal nos estabelecementos mugardeses, así como a programar as comidas e cenas tradicionais destas datas nos negocios hostaleiros da localidade.

Cunha referencia á linguaxe habitual das redes sociais, a campaña #MercaenMugardos pretende lembrar a calidade e o bo trato que prestan o Mercado de San Telmo e os pequenos comercios do municipio, así como os excelentes produtos e o coidado servizo que ofrece a hostalaría local, coa finalidade de implicar á veciñanza na dinamización económica da súa propia vila.

A alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz Otero, sinalou que esta campaña súmase á programación cultural, deportiva e festiva para o Nadal, organizada en colaboración con varias entidades e asociacións, coa finalidade de “animar á veciñanza a sair á rúa e atraer visitantes, o que repercutirá dunha forma positiva no sector do comercio, mercado e hostalaría, un sector estratéxico, unido ao turismo, para a nosa economía”.

997