Domingo, 21 Xaneiro de 2018

A Biblioteca amplía unha hora o seu horario de apertura

/ Venres, 22/12/2017 - 15:15
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
A biblioteca municipal amplía o seu horario de apertura unha hora ata o remate do curso escolar, mantén o seu horario de mañá de 12.00 a 14.00h e prolonga a apertura do servizo no horario de tarde de 16.00 a 20.00h. 

O servizo funcionará con regularidade durante o período de Nadal en horario de mañá e tarde. Lémbrase, ademáis, que as inscricións para as actividades e obradoiros de Nadal estanse a realizar na biblioteca.