Xoves, 19 Xullo de 2018

O Concello impulsa a afección á ximnasia rítmica coa celebración dun campus

/ Xoves, 04/01/2018 - 14:46
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Once nenas, de entre catro e dez anos, participaron estes días na actividade.

Un total de once nenas de entre catro e dez anos asistiron ao Campus de Ximnasia Rítmica organizado pola área de Deportes do Concello de Mugardos. O goberno local organizou a iniciativa coa intención de impulsar unha actividade deportiva que conta na vila con certa afección.

Ademais da convocatoria deste campus, recentemente a institución municipal invistiu uns 4.000 euros na compra dun tapiz.

A escola de ximnasia rítmica do Concello de Mugardos vén desenvolvéndose desde o ano 2015 e neste curso conta con 27 nenas inscritas. No campus participou, xunto á profesora de ximnasia rítmica que habitualmente leva a escola municipal, unha monitora de danza.

A actividade desenvolveuse os días 2 e 3 de xaneiro, entre as 10.30 a 13.30 horas no Pavillón Municipal do Cristo.

1039