Martes, 16 Outubro de 2018

En marcha o arranxo dos peches das pistas polideportivas do Baño, Franza e Beiramar

/ Martes, 09/01/2018 - 09:23
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A obra foi adxudicada a IDG Instalacións Deportivas Galegas por 10.248 euros.

A empresa IDG Instalacións Deportivas Galegas iniciou esta mañá as obras de arranxo dos peches perimetrais das pistas polideportivas do Baño, Franza e Beiramar, uns traballos que lle foron adxudicados por 10.248,70 euros. Desde o goberno municipal lembran que é unha actuación que se acomete con cargo a fondos municipais e grazas á modificación de créditos aprobada polo pleno no pasado mes de novembro.

A obra permitirá amañar os danos que presentaban os peches perimetrais das tres pistas polideportivas. Os traballos comezaban onte pola de Beiramar, no Seixo, onde se vai repoñer un tramo do cerrado danado pola caída dunha árbore.

1043

Na pista polideportiva de Franza a malla do peche, medianeiro co CEIP Santiago Apóstol, está rachada en varios puntos e se vai cambiar para evitar as reiteradas intrusións. E, por último, na pista do Baño mudarase todo un lado do peche, de 24 metros, que está deitado sobre o chan. A liña do fechado vaise levantar de novo con postes de catro metros de altura, colocando malla nos dous metros inferiores e unha rede de polipropileno nos dous metros superiores a modo de parabalóns, evitando situacións de perigo nunha zona que presenta desnivel.

1044