Martes, 20 Novembro de 2018

Alerta por fenómeno meteorolóxico costeiro adverso: nivel vermello

/ Mércores, 17/01/2018 - 16:44
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa, no boletín nº 17/71 GAL emitido o día 17/01/2018 ás 8:48 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso COSTEIRO de NIVEL VERMELLO por mar combinada que se iniciará ás 12:00 horas do día 17/01/2018.

A partir das 12:00 horas do 17/01/2018, a mar combinada do NW alcanzará de 8 a 9 m. no Noroeste e Oeste da provincia da CORUÑA e no litoral da provincia de LUGO (NIVEL VERMELLO), prolongándose esta situación ata final do día e pasando posteriormente a niveis LARANXA (mar combinada de 6 a 8 m.). No resto do litoral da Comunidade Autónoma mantense a situación de mar combinada do NW que poderá superar os 7 metros (NIVEL LARANXA).