Xoves, 19 Xullo de 2018

XORNADA INFORMATIVA CONVOCATORIA DE AXUDAS 2018 GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE

/ Mércores, 24/01/2018 - 12:25
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

 

O próximo día 29 de xaneiro  ás  18.00 horas no Salón de Plenos do Concello de Mugardos (Avda. De Galicia, nº45) está prevista a celebración dunha reunión informativa do Galp Golfo Ártabro Norte.

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte é unha entidade colaboradora da Consellería do Mar para a xestión das axudas do Fondo Marítimo e da Pesca 2014-2020 no ámbito territorial que abarca dende Narón ata Paderne.

Nesta reunión explicarase polo miúdo quen pode acceder a estas axudas, os requisitos que hai que cumprir, a tipoloxía de proxectos que se poden presentar, a intensidade das axudas que se poden recibir, os trámites a seguir e a documentación a presentar, e os prazos de presentación das mesmas, entre outros.

Por tal motivo, convidase a todas as persoas físicas e xurídicas, comunidades de bens; Confrarías de Pescadores; Asociacións do Sector Pesqueiro; Asociacións sen ánimo de lucro..... e Entidades Públicas Locais, a participar nesta reunión e que se informen de primeira man desta liña de axudas para este territorio.

1051