Luns, 19 Febreiro de 2018

Entroido 2018: programa de actividades

/ Mércores, 07/02/2018 - 09:55
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

As actividades inclúen pasarrúas de entroidiños, festivais musicais, actuacións na rúa, sorteos, festa para maiores...

As actividades programadas polo Concello de Mugardos para o Entroido deste ano son as seguintes:

9 de febreiro

  1. 12:30 horas: Pasarrúas de entroidiños polas rúas Avenida de Galicia e Avenida do Mar. Participan os colexios Loyola e Unión Mugardesa.

12 de febreiro

  1. 17:00 horas: Festival infantil xuvenil no Casino Mugardés, coa actuación do grupo Nova Onda.
  2. 18:00 horas: Animación polas rúas do Concello da Charanga Mekánika.
  3. 19:00 horas: No Casino Mugardés, haberá sorteos e degustación.

16 de febreiro

  1. 18:00 horas: No Local Social de Maiores, haberá música, merenda e sorteos con produtos típicos.

 

Estas actividades están organizadas polo Concello de Mugardos coa colaboración dos colexios Loyola e Unión Mugardesa, do Casino Mugardés e de GADIS.

1062