Luns, 19 Febreiro de 2018

O Concello de Mugardos destina máis de 100000 euros a dinamizar o tecido asociativo da vila

/ Mércores, 07/02/2018 - 10:35
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A Xunta de Goberno aprobará este xoves un reparto de subvencións que se suma a outros convenios a abonos correspondentes ao exercicio de 2017.

A Xunta de Goberno Local de Mugardos vai aprobar na súa reunión deste xoves a proposta de reparto de subvencións municipais correspondentes ao exercicio 2017 para asociacións culturais e deportivas da vila. Son máis de 10000 euros para sufragar diversas actividades e propostas de once entidades locais.

Estas axudas suman en concreto 10234,18 euros, pero hai que engadir ás mesmas os convenios nominativos xa asinados no pasado ano, que ascenden a preto de 70000 euros, e os aproximadamente 8000 euros que o Concello abonou directamente á Rondalla Mugardesa e a Coral Estelas do Mar por diversas actuacións. En total, segundo recorda a alcaldesa, Pilar Díaz Otero, “Mugardos destina máis de 100000 euros para financiar ás entidades e dinamizar o seu tecido asociativo, favorecendo así a súa participación nas actividades culturais e deportivas”.

O novo reparto de subvencións é o que segue: 719,20€ para a Asociación de Veciños de San Xoán; 1818,57€ para a AVV Montefaro; 779€ para a AVV Casas Baratas; 595,20€ para a Plataforma de Veciños de Mehá; 910,43€ para a Asociación Cultural Apelón; 1.283,10€ para a Asociación de Pensionistas e Xubilados Piñabeta; 1133,40€ para o Casino Mugardés; 697,15€ para a Confraría Jesús Nazareno; 1047,86€ para a Comisión de Festas de San Xoán; 700,25€ para a Escola de Kárate de Franza, e 550€ para o Club de Baile Móvete.