Martes, 22 Maio de 2018

O Concello de Mugardos estrea Facebook

/ Luns, 12/02/2018 - 09:38
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O perfil  Concello de Mugardos en Facebook ofrece información municipal de interese para a veciñanza.

A nova páxina oficial do Concello de Mugardos é  Concello de Mugardos ( https://www.facebook.com/concellodemugardos). Con esta conta o Concello de Mugardos quere achegarse aos cidadáns e cidadás utilizando as novas tecnoloxías da información e da comunicación garantindo así o mantemento dunha canle aberta de forma permanente aos servizos e recursos que ofrecen os departamentos municipais.

Nesta páxina darase difusión á información máis relevante sobre diversas temáticas municipais: eventos, actualidade dos portais web municipais, álbums de fotografías sobre actividades, axudas e subvencións, etc…

1063

O Concello de Mugardos xa ten actividade en redes sociais, con presenza en varias delas con diferentes perfís. Este Facebook institucional únese a outra conta nesta mesma rede dedicada principalmente á promoción da Festa do Polbo (https://es-es.facebook.com/festadopolbodemugardos/) e á existente en Instagram, @turismomugardos (https://www.instagram.com/turismomugardos) centrada na promoción turística da vila.

Estas redes sociais son unha canle máis a disposición do Concello para facilitar a transparencia da xestión municipal e para relacionarse directamente cos cidadáns e cidadás. En palabras da Alcaldesa Pilar Díaz Otero: “Estamos satisfechas por dar cumplimiento a una demanda de un sector de la población usuario habitual de las redes sociales. Esta herramienta va hacer llegar la información municipal de un modo más rápido a la ciudadanía, permitiéndonos conocer su opinión.”

1064

Ademais destas ferramentas comunicativas o Concello de Mugardos dispón doutros medios para contactar co Concello: caixa de correos de avisos e suxestións, formulario de contacto directo coa Alcaldesa Pilar Díaz Otero, teléfonos de atención cidadá…todos eles dispoñibles desde o portal web municipal.