Venres, 22 Xuño de 2018

II Milla Nocturna Concello de Mugardos

/ Mércores, 21/02/2018 - 11:10
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Concello de Mugardos a través da Concellaría de Deportes organiza a  II Milla nocturna Concello de Mugardos o sábado, 17  de marzo de 2018.

A II Milla nocturna Concello de Mugardos  terá saída e meta no Parque da Constitución, presentará un circuíto urbano lastrado, pensado para todas as idades, con percorridos desde os 300 aos 1609 metros.

Poderán tomar parte nesta proba todas aquelas persoas que o desexen, sempre que estean correctamente inscritas.

  1. Inscricións: Poderán formalizarse até o mércores 14 de marzo de 2018 ás 17:00 horas na web www.carreirasgalegas.com

A retirada de dorsais realizarase o mesmo día da proba no Club do Mar de Mugardos dende as 17:30 horas ata media hora antes de cada saída

1069

A organización entregará premios aos 3 primeiros clasificados de cada categoría agás nas saídas 1ª e 2ª que abranguen ás categorías pre-benxamíns e Sub10 nos que a organización terá un detalle con toda a participación.

Todos as persoas participantes poderán degustar un chocolate con doces locais ao remate da proba.

Información completa e inscricións: https://www.carreirasgalegas.com

Descarga o regulamento da proba: