Martes, 20 Novembro de 2018

Alerta Laranxa por nevaradas

/ Martes, 27/02/2018 - 14:51
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín núm. 34/71GAL_C_C_RN_TT emitido ás 10:34 horas oficial de hoxe, dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel Laranxa por NEVARADAS que se iniciou na tarde de onte.

No ámbito xeográfico Lugo ( Centro e Sur) e Ourense (Sur e Valdeorras), a partir das 20:00 hora oficial do 27, a acumulación de neve en 24 horas poderá superar os 6 cm. (NIVEL LARANXA).

Ademais, haberá acumulacións de neve en 24 horas por riba dos 4 cms. en cotas a partir de 300-400 metros, polo que a zona de Coruña (Interior) e Ourense (Noroeste) acadarán NIVEL AMARELO. Nas zonas de montaña de Lugo e Ourense a acumulación de neve en 24 horas poderá acadar valores superiores aos 8 cms. (NIVEL AMARELO).

Desde as 00:00 hora oficial do mércores 28 de febreiro, as nevaradas extenderanse ás zonas de Pontevedra Interior, Noroeste da Coruña e Mariña de Lugo, podendo nevar ao nivel do mar, aínda que a acumulación de 4 cms. espérase por riba dos 50-100 metros. (NIVEL AMARELO).