Luns, 24 Setembro de 2018

Escola Infantil Municipal As Lagoas: apertura de prazo para a reserva ou solicitude de novas prazas

/ Martes, 27/02/2018 - 15:36
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A Escola Infantil das Lagoas abrirá o prazo de solicitude de reserva de praza e novas inscricións o vindeiro mes de marzo.

  1. Para a reserva de praza o prazo de solicitude vai do 1 ao 15 de marzo.
  2. Para novos ingresos o prazo é do 16 ao 31 de marzo.

Aquelas persoas interesadas que precisen máis información poden solicitala no departamento de Servizos Sociais do Concello de Mugardos.

Descarga o modelo de solicitude:

Arquivo engadido: