Luns, 24 Setembro de 2018

O Seixo estrea o renovado parque infantil no Campo do Río

/ Martes, 27/02/2018 - 13:54
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Concello de Mugardos investiu en torno a 16000 euros na área de xogos.

A alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz, informa de que están rematadas as obras de renovación do parque infantil de Campo do Río, no Seixo, ás que o Concello destinou un orzamento de uns 16000 euros. A área de xogo cumpre agora coa normativa de seguridade para este tipo de instalacións, de xeito que ofrece as condicións adecuadas para que os nenos e nenas acudan a gozar do tempo de lecer e que a zona sexa un lugar de encontro e convivencia para as familias. Os maiores contan tamén alí con equipamentos de ximnasia.

A intervención consistiu na colocación dun novo peche metálico, de cores e adaptado á normativa destes espazos infantís, así como no levantamento do vello pavimento e a súa substitución por outro novo que cumpre coa normativa. Como principal novidade, incorporouse unha estrutura multixogo, preparada para o uso simultáneo por parte de seis nenos ou nenas de entre catro e catorce anos, que é único no municipio. A obra consistiu tamén no arreglo e adecuación á normativa dalgúns dos xogos que xa estaban no parque, pero que presentaban un estado de considerable deterioración. Así, anováronse unhas randeeiras agora instaladas sobre un solo de cortiza de piñeiro que cumpre coas esixencias de seguridade, e se están a restaurar tamén un balancín e outras randeeiras, tamén xa existentes.