Luns, 17 Decembro de 2018

Comezan as obras de acondicionamento do acceso a Escairón

/ Mércores, 28/02/2018 - 08:34
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A empresa Canarga ocúpase da intervención que abrangue tamén ao camiño de Noville, por un orzamento de 15461 euros.

A alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz, informou do recente inicio das obras de acondicionamento do acceso a Escairón, unha zona do litoral empregada polas mariscadoras para ir á marea, que se atopaba moi deteriorada pola falla de canalización das augas pluviais e dos ríos. O proxecto, cuxa execución foi adxudicada á empresa Canarga por un orzamento de 15461 euros, completarase cunha actuación similar no acceso a Noville, outro punto da costa tradicionalmente utilizado pola xente do mar.

Pilar Díaz explicou que a intervención asúmese con fondos municipais e que resposta a unha demanda que a Confraría de Mariscadoras da vila tiña desde hai varios anos.

1070

As tarefas que está a realizar Canarga en Escairón inclúen a canalización das augas pluviais coa colocación dun tubo de PVC, a apertura de gavias para a evacuación das escorrentías e o acondicionamento da pista de acceso. En Noville a intervención será similar e servirá para dar unha solución duradeira ao encontro do camiño coa lámina de auga.