Luns, 17 Decembro de 2018

Rematan as obras de adecuación dos accesos ás zonas litorais de Noville e Escairón

/ Xoves, 08/03/2018 - 11:25
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A empresa Canarga ocupose das dúas actuacións e os traballos conlevaron un orzamento de máis de 15000 euros.

A alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz Otero, informa de que están rematadas as obras de acondicionamento dos accesos ás zonas litorais de Noville e Escairón. A empresa Canarga ocupouse, cun orzamento de 15461 euros, de solucionar o problema que existía coas escorrentías en ámbolos dous camiños e mellorar as condicións do firme.

Nos dous puntos da costa mugardesa, as obras chegaron ata o punto que permitiu Demarcación de Costas. Esa administración ten o compromiso de ocuparse da mellora do embarcadoiro de Santa Lucía, unha actuación que, como as dúas anteriores executadas polo Concello, servirá para facilitar o paso e o traballo ás xentes do mar que tradicionalmente empregaron estes puntos para mariscar ou saír a pescar.

1077

As obras foron adxudicadas o pasado mes de xaneiro e acometéronse con fondos municipais. Con elas, explicou a alcaldesa, respóstase a unha demanda presentada pola Confraría de Mariscadoras.