Luns, 24 Setembro de 2018

Servizos mínimos no Concello de Mugardos con motivo das convocatorias de paros e a folga do 8 de marzo

/ Venres, 09/03/2018 - 15:16
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Unha vez publicados os servizos mínimos ordeados pola Xunta de Galicia, o día 7 de marzo, con motivo das convocatorias de  paros e a folga do 8 de marzo, o Concello procedeu a marcar os servizos mínimos correspondentes.

Resultou afectada só a área de Axuda no Fogar por ter consideración de servizos básicos e esenciais  e tomando como referencia as atención indispensables que se prestan tamén en sábado, domingo e festivo.

  1. Consulta o DECRETO 26/2018, do 1 de marzo, polo que se ditan normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 8 de marzo de 2018, DOG nº47, do 7 de marzo de 2018.

1079